Asociación de Redeiras de A Guarda

Traballamos día a día para achegar a tradición atadeira a toda a xente curiosa que nos queira acompañar.

QUEN SOMOS

5 mulleres do mar poñendo en valor a tradición

Somos un grupo de mulleres do mar que, a través do oficio das redeiras, conservamos unha tradición mariñeira que construíu a historia da Guarda. A Asociación de redeiras do Baixo Miño Atalaia constituíuse no ano 2004, e queremos compartir con vos a nosa singradura. 

A NOSA HEMEROTECA

A historia vai moito máis alá

O NOSO MUSEO

Poñer en valor o oficio das Redeiras dende a divulgación

Abrimos o noso espazo para a xente. 

Queremos que a veciñanza e visitantes poidan coñecer qué facemos e cómo o facemos contado de primeira man, polas propias redeiras.

A nosa artesanía

Pezas elaboradas con redes recuperadas do mar. Dámoslle unha segunda vida ás redes de pesca. Poñemos a nosa creatividade e innovación ao servizo da artesanía.

As redeiras da Guarda comezamos a interesarnos pola artesanía con redes de pesca en desuso durante a participación no proxecto ENREDADAS. Dende o ano 2012 elaboramos pezas artesás, grazas a ter coincidido un grupo de mulleres que empregamos técnicas tradicionais e profesionais do deseño, da decoración e da xestión comercial. Podes ver e adquirir as pezas que creamos a continuación.